





A Compañía
Nao Caracola é unha nova compañía que nace da man de Marián González, profesional do teatro de títeres dende 1987. Este proxecto nace coa vocación de plasmar o aprendido, o interiorizado ao longo de case corenta anos de profesión e investigación nesta marabillosa arte que é a dos monicreques.
Tras longos anos de formación e traballo con distintas compañías, en 1997 xunto a Luis González fundamos a compañía Títeres Tompicallo tristemente desparecida en 2019.
Con Trompicallo producimos once espectáculos. Con eles participamos en distintas redes, fieras e festivais por toda a península. Queimamos moita roda durante eses anos.
Agora, despois de máis de dous anos de traballo, Nao Caracola presenta o seu primeiro espectáculo, “Esperta o rinoceronte”.
Porque nunca é tarde para empezar de novo, para establecer un novo obxectivo, para soñar un novo soño.




info@naocaracola.com +34 636 860 927
© 2025. Todos os dereitos reservados